Vespa Velutina ou avespa asiática
Jose Ameijeiras, aficionado á apicultura falounos das curiosidades
da Vespa Velutina e amósanos a facer trampas para eliminala.
A Vespa Velutina tamén coñecida como avespa asiática é un insecto orixinario de China que se alimenta doutros insectos como as abellas.
Inda que é orixinaria de China tamén invadiu algún países de Europa como Francia ou España .
Coa chegada da primavera as raíñas das Vespa Veltunia saen do seu periodo de hibernación para crear novos niños.
Hoxe en día a única solución que temos para erradicar a súa existencia e mediante trampas.
Glosario:
Apicultura: Cría de abellas co fin de aproveitar os seus produtos.
Hibernación: Estado de sono profundo, con descenso das funcións vitais e suspensión das súas actividades, no que certos animais pasan o inverno.
Erradicar: Facer desaparecer definitivamente.