I Concerto Benéfico Juan María
- centrojuanmaria
- 27 abr 2018
- 1 Min. de lectura
O 12 de abril celebrouse o I Concerto Benéfico Juan María coa Orquesta Clásica de Vigo e presentado por Carlos Blanco.
O evento celebrouse para recadar fondos e mercar 2 guindastres
para facilitar a mobilidade dos usuarios do Centro na piscina terapéutica
e nos aseos.
Máis de 300 persoas asistiron ao Concerto. Os propios usuarios do Centro foron os encargados de preparar todo o necesario para a realización do evento: Montaxe, pegada de carteis, venta de entradas, catering, acomodación, cociña, limpeza, entrevistas, reportaxes fotográficos e de vídeo.
Un grupo de usuarios dirixidos por Sabela González interpretaron
a "Marcha Radetzky" coa Orquesta Clásica de Vigo
Grazas a colaboración de diferentes empresas e os asistentes ao Concerto conseguimos os fondos necesarios para mercar os guindastres.

GLOSARIO:
Mercar: Adquirir algo a cambio de diñeiro.
Guindastre: Máquina dotada dun brazo xiratorio que permite levantar e mover grandes pesos.
Entrevista a Carlos Blanco e asistentes ao I Concerto Benéfico Juan María
Versión da Marcha Radeztky interpretada por usuarios do Centro Juan María
e a Orquesta Clásica de Vigo.
I Concerto Benéfico Juan María da Orquesta Clásica de Vigo completo
e monólogo de Carlos Blanco.
Comments